mércores, 23 de decembro de 2015

Nace un novo espazo web!

Desde hoxe dispoñemos dun novo espazo web que contén toda a información relativa ao desenvolvemento do Programa Educación Responsable.

Podes acceder desde a imaxe ou escribindo o enderezo:

http://ceipsanxoan.wix.com/ed-responsable


xoves, 17 de decembro de 2015

Desenvolvemento da celebración do Nadal.

Para este Nadal, levamos traballando un mes no colexio. 





Participamos no Concurso de Postais da FAPACEL, con todas as creacións dos nenos de infantil e primaria. Podes ver todas as postais neste enlace. E na Campaña de Recollida de xoguetes que a ANPA está a realizar. Estas son as instrucións para participar nela.

Noraboa a Aitor Galán, de 3º, gañador pola súa postal.












Xa temos organizado o Mercado Solidario, con produtos realizados polos alumnos en actividades compartidas con outros centros (catalán e portugués). Como sempre, pedímosvos a vosa colaboración, os prezos serán bos e os produtos inmellorables!
O Mercado Solidario terá lugar na mañá do día 18. Se houber excedentes, participaremos no Mercado Solidario da Montaña, que a ANPA, en colaboración con outras da zona, levan a cabo o sábado 19.




Este ano, o noso Nadal é cinematográfico, ao igual que as mensaxes que nel se utilizan. O peso deste séptimo arte estará presente en todos os actos e presidido por unha Exposición de Libros de cine en BiblioLío. 


Preparándonos para o festival, Papá Noel e o seu paxe fannos unha visita o día 17. Eles tamén queren felicitar aos nosos nenos polo moito e ben que estiveron a traballar neste trimestre. Grazas, Papá Noel, por facer unha parada no noso cole, nesta viaxe túa para repartir felicidade!! 






O venres é día de celebración e acollida. Por iso, temos preparada unha festa estupenda:

Ás 11:30 comeza o Festival de Nadal. O programa de actuacións é:


Este é o vídeo resumo do festival. Nos enlaces que o seguen, podedes acceder a cada unha das actuacións.

















2º E.P.: CONTACONTO



E.I.: PANXOLIÑA






5º E.P.: KAMISHIBAI



6ºE.P.: DOCTOR MARIANO

COMPARTIR: O remate do festival correu a cargo dun vídeo filmado e editado polo alumnado de 5º e 6º. Nel conflúen os obxectivos para este fin de trimestre dos programas Cine en Curso e Educación Responsable. Amosa aquelas emocións que o noso alumnado e profesorado foron quen de compartir durante este inicio de Nadal e que desde hoxe forma parte dos recordos de toda a Comunidade Educativa, nunha mostra máis de apertura e desexo de participación. A nosa intención era expresar, previa xestión, as emocións que aí se verteran. Porén, o visionado do noso traballo foi un momento de emocións non contidas. Será que cumpriu, entón, o seu fin.




Ao remate do Festival, chega o momento para a convivencia coas familias, mentres disfrutamos duns pinchos no Comedor Escolar.








domingo, 6 de decembro de 2015

Un Nadal compartido e solidario




Estas datas son sempre un momento óptimo para compartir. Por iso, no noso colexio, organizamos un Mercado Solidario durante o Nadal. É unha ocasión magnífica para crear detalles que se poidan converter en axuda para que a ANPA xestione recursos para quen menos acceso a eles ten.







Para este curso, a decoración de Nadal foi elaborada coa colaboración dos nenos e será posta á venta, igual que outros detalles que os nenos de 1º, 2º e 4º elaboraron. Ten unha dimensión educativa a maiores pois, esta actividade de creación, no caso dos nenos de 2º e 4º vai ser compartida con outros dous centros: o INS La Sénia, en Tarragona e a EBI 1,2,3 Francisco Ornelas de Câmara en Ilha Terceira. O obxectivo desta actividade é a da interacción entre o alumnado e a difusión do Programa eTwinning.

Para o desenvolvemento desta interacción, cada centro organiza obradoiros de plástica nos que se levan a cabo os detalles navideños. Antes, os alumnos preséntanse nunha ferramenta colaborativa (Padlet) e por último avalían a súa participación na actividade. Todo isto estará recollido no TwinSpace da Embaixada eTwinning en Galicia e no seu blogue. 

VÍDEO COAS INSTRUCIÓNS PARA A ELABORACIÓN DAS CANDEAS DE NADAL





VÍDEO COAS INSTRUCIÓNS PARA A ELABORACIÓN DAS BOLAS DE NEVE





VÍDEO COS MELLORES MOMENTOS:


Estes son os vídeos enviados polos nosos compañeiros cataláns e portugueses:





Desde o Instituto La Sénia, chegounos unha invitación para realizar un dos presentes navideños elaborados por outro centro. Así, eles fixeron  as candeas propostas por nós. Os alumnos de Portugal animáronse cunha das opcións de reciclaxe de cápsulas de café e nós fixemos portatarxetas reciclando as mesmas cápsulas, e serán artigos dos que poderedes adquirir no noso mercado solidario.









Para finalizar esta actividade colaborativa cos nosos compañeiros de Tarragona e Ilha Terceira, fixemos un intercambio de postais de nadal e unha pequena mostra de artigos navideños dos elaborados.




Ver todas as imaxes das sesións 

Ver o inicio das actividades de Nadal, no EntreLetras

Ver esta nova publicada no blogue da Embaixada eTwinning

luns, 23 de novembro de 2015

Equipazo!

No xornal "El Progreso" de hoxe, puidemos ler unha enquistado ao porteiro da SD Becerreá, Mito Orol Rodríguez. Tamén foto do equipo de benxamíns na que recoñecemos ademais de Mito, aos nosos compañeiros Dani, Alex e David. 
Parabéns aos catro!



martes, 17 de novembro de 2015

Un planetario no noso colexio

O día 17 de novembro o ximnasio converteuse no espazo sideral. Da man de Eurocosmos, os nosos nenos, nunha actividade organizada colaborativamente con Baralla, As Nogais e o Instituto de Becerreá, puideron facer unha viaxe polo Sistema Solar que veu a completar as súas aprendizaxes na aula.
Durante este mes foron organizadas actividades de aprendizaxe, exposicións temáticas e proxectos didácticos para que o noso alumnado domine este tema.

Educación Responsable. Xa somos centro de ano 2!

Como ben recordaredes, o noso centro foi seleccionado o pasado curso, para ser experiencia piloto na implementación do programa Educación Responsable, da Fundación Botín, que persegue a formación emocional na escola, en relación co desenvolvemento do currículo.

Este ano, xa comezamos as tarefas, que se reparten entre as dúas etapas educativas, abarcando as mesmas dimensións do pasado curso: música, arte, literatura e ferramentas TIC.

Iremos publicando as experiencias!

luns, 16 de novembro de 2015

Solidariedade co pobo francés



Debido aos tristes acontecementos ocurridos no pasado fin de semana en París, alumnado e profesorado do centro solidarízanse coas seguintes accións:



Un minuto de silencio na entrada do luns 16 de novembro.



Escoita da canción Imagine, de John Lennon. Esta é unha das pezas musicais que se están a traballar, en Música, para este Nadal. Verémola nun contexto moito menos festivo, pois tamén foi a seleccionada para ser interpretada, a piano, no espazo devastado polo terrorismo, concretamente, nas portas do teatro Batacán.




A mediodía, antes de baixar ao comedor, escoitamos este tema, Imagine, subtitulado en español. Imagine é un tema considerado oficiosamente o himno da paz mundial.


martes, 3 de novembro de 2015

Selo de Calidade Nacional e Selo de Calidade Europeo para o noso colexio

Durante o pasado curso, o alumnado da Aula de PT, coa colaboración puntual dos nenos de 6º, participou nun proxecto europeo eTwinning: Luz Digital.



No verán, este proxecto foi galardonado co Selo de Calidade Nacional e, neste fin de semana, Bruselas recoñeceuno cun Selo de Calidade Europeo.

Parabéns a todos os participantes!

Podes consultar a listaxe dos  nove proxectos galegos galardonados en Europa no Blogue da Embaixada eTwinning.

mércores, 28 de outubro de 2015

Formación do noso profesorado

Como vén sendo costume no centro, un ano máis continuamos co PFPP (Proxecto de Formación Permanente do Profesorado).
No noso intento por conseguir mellorar a competencia lectora dos nenos, seguimos a investigar novas metodoloxías. Nesta ocasión, o formador foi José Andrés García, bibliotecario na sección infantil e xuvenil da Biblioteca de León. A súa proposta foi o achegamento á literatura e á creación de contos para o Kamishibai, unha moi orixinal forma de dramatización...

Podedes acceder a máis información no noso blogue EntreLetras.

martes, 20 de outubro de 2015

Semana da Biblioteca.



Do 19 a 25 de outubro celebramos a Semana da Biblioteca, con actividades de dinamización e participando na Campaña "¡Viva la Biblio!" do "Observatorio de la Lectura y el Libro" (MECD).

Podes ver toda a información neste enlace de EntreLetras.

martes, 30 de xuño de 2015

XUÑO: Libros de texto para o próximo curso

Para o próximo curso 2015/16, a listaxe de libros de texto é a seguinte:

Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2015/2016
Código de centro:  27000629
Denominación do centro:  CEIP SAN XOAN
Enderezo:  R/ Castelo s/nº
Concello:  Becerreá
Provincia:  Lugo
Correo electrónico: ceip.sanxoan@edu.xunta.es
Teléfono:  982  36 04 06
Fax: 982 36 04 06

Curso e etapa
Área
Materia Ámbito
Módulo
Título, autor, editorial e ano de publicación
ISBN
Lingua da edic.

INFANTIL









INGLÉS

ESPIRAL MÁXICA ED. VICENS VIVES. 1º TRIMESTRE
2º TRIMESTRE
3º TRIMESTRE



JUNGLE FUN 1- PRE- PRIMARY

978-84-316-9628-3
978-84-316-9629-0
978-84-316-9630-6


978-84-668-1292-4
GALEG













INFANTIL





MATEMÁTICAS

ESCRITURA

INGLÉS

ESPIRAL MÁXICA ED. VICENS VIVES. 1º TRIMESTRE
2º TRIMESTRE
3º TRIMESTRE

ESPIRAL DE COLORES ED. VICENS VIVES

CADERNO LETRILANDIA Nº 1( pauta Montessori) ED. EDELVIVES


JUNGLE FUN 2- PRE- PRIMARY
978-84-316-9631-3
978-84-316-9632-0
978-84-316-9633-7

978-84-682-1340-8


978-84-263-7139-3

978-84-668-1302-0
GALEG




INGLÉS







INFANTIL



INGLÉS


Non precisa método editorial.

JUNGLE FUN 3- PRE- PRIMARY





978-84-6681306-8





INGLÉS







PRIMA
LENGUA
1PRI LENGUA EN MARCHA Mochila Ligera. Saber Hacer. Santillana. 2014
978-84-680-2016-7
CASTEL

LINGUA
1PRI LINGUA. Mochila Lixeira. Saber Facer. Obradoiro Santillana 2015
978-84-9972-542-0
GALEG

MATEMÁTICAS
1PRI MATEMÁTICAS. Mochila Ligera. Saber Hacer. Santillana  2014
978-84-680-2017-4
CASTEL

C. SOCIAIS.
1PRI CIENCIAS SOCIAIS. Saber Facer. Obradoiro Santillana. 2014
978-84-9972-237-5
GALEG

C. NATURAIS
1PRI CIENCIAS DA NATUREZA Saber Facer . Obradoiro Santillana . 2014
978-84-9972-235-1
GALEG

LECTURAS
1PRI LECTURAS HISTORIAS DE PAPEL. Santillana 2015
978-84-680-8744-3
CASTEL

RELIGIÓN
1PRI RELIGIÓN.  Serie Manantial.Santillana 2015
978-84-680-3262-7
CASTEL

INGLÉS
WONDER1 Student´s pack. Susan H. Kateherine Scott. 2014
WONDER 1 Activity pack 2014
978-84-668-1718-9
978-84-668-1234-4
INGLÉS







PRIMA
LENGUA
2PRI LENGUA EN MARCHA Mochila Ligera. Saber Hacer. Snatillana. 2014
978-84-680-2546-9
CASTEL

LINGUA
2PRI LINGUA. Mochila Lixeira. Saber Facer. Obradoiro Santillana 2015
978-84-9972-239-9
GALEG

MATEMÁTICAS
2PRI MATEMÁTICAS. Mochila Ligera. Saber Hacer. Santillana  2014
978-84-680-2547-6
CASTEL

C. NATURAIS.
2PRI CIENCIAS DA NATUREZA Saber Facer . Obradoiro Santillana . 2015
978-84-9972-245-0
GALEG

C. SOCIAIS
2PRI CIENCIAS SOCIAIS. Saber Facer. Obradoiro Santillana. 2015
978-84-9972-703-5
GALEG

LECTURAS
2PRI LECTURAS HISTORIAS DE PAPEL. Santillana 2015
978-84-680-2556-8
CASTEL

RELIGIÓN
2PRI RELIGIÓN.  Serie Manantial.Santillana 2015
978-84-680-2954-2
CASTEL

INGLÉS
I WONDER 2 Student´s pack. Susan H. Kateherine Scott. 2014
WONDER 2 Activity pack 2014
978-84-668-1809-4
978-84-668-1808-7
INGLÉS













PRIMA
LENGUA
3 PRI. LENGUA CASTELLANA. SABER HACER . Santillana. 2014
978-84-680-1196-7
CASTEL

LINGUA
. 3 PRI LINGUA.. SABER FACER. Obradoiro Santillana, 2014
978-84-9972-249-8
GALEG

MATEMÁTICAS
3 PRI MATEMATICAS CAST. SABER HACER. Santillana  . 2014
978-84-680-1286-5
CASTEL

C. SOCIAIS
CIENCIAS SOCIAIS SABER FACER  .Obradoiro Santillana. 2015
978-84-9972-474-4
GALEG

C. NATURAIS
CIENCIAS DA NATUREZA SABER FACER.Obradoiro Santillana. 2015
978-84-9972-459-1
GALEG

RELIGIÓN
3 PRI RELIXIÓN. Serie Manantial. Santillana 2015
978-84-680-3265-8
CASTEL

INGLÉS
BEEP3- STUDENT´BOOK PACK. RICHMOND. PRIMARY.
BEEP 3 ACTIVITY BOOOK PACK
978-84-668-1010-4
978-84-668-1011-1
INGLÉS







PRIMA
LENGUA
4PRI LENGUA Saber Hacer. Santillana. 2015
978-84-680-2956-6
CASTEL

LINGUA
4PRI LINGUA. Saber Facer. 2015
978-84-9972-616-8
GALEG

MATEMÁTICAS
4PRI MATEMÁTICAS Saber Hacer. Santillana. 2015
978-84-830-5609-7
CASTEL.

CC. NATURAIS
4PRI CIENCIAS NATURAIS. Saber Facer. Obradoiro Santillana. 2015
978-84-9972-600-7
GALEG.

CC. SOCIAIS
4PRI CIENCIAS SOCIAIS. Saber facer. Obradoiro Santillana. 2015
978-84-9972-714-1
GALEG.

RELIGIÓN
4PRI RELIGIÓN.  Serie Manantial.Santillana 2015
978-84-680-2067-9
CASTEL.

INGLÉS
WONDER 4 Student´s pack. Susan H. Kateherine Scott. 2014
WONDER 4 Activity pack 2014
978-84-668-1797-4
978-84-668-2016-5
INGLÉS







5º PRIMA
LENGUA
5 PRI LENGUA CASTELLANA SABER HACER.. Santillana. 2014
978-84-680-1057-1
CASTEL

LINGUA
5 PRI LINGUA SABER FACER.. Obradoiro Santillana, 2014
978-84-9972-216-0
GALEG

MATEMÁTICAS
5 PRI MATEMATICAS SABER HACER. Santillana, 2014
978-84-680-1066-3
CASTEL

C. SOCIAIS
5 PRI CIENCIAS SOCIAIS SABER FACER.. Obradoiro Santillana. 2015
978-84-9972-933-6
GALEG

C. NATURAIS
5 PRI CIENCIAS NATURAIS SABER FACER. Obradoiro Santillana. 2015
978-84-9972-742-4
GALEG

RELIGIÓN
5 PRI RELIGIÓN.Serie Manantial Santillana, 2015
978-84-680-3266-5
CASTEL

INGLÉS
BEEP 5. STUDENT´S BOOK PACK.  RICHMOND. 2012
BEEP 5 ACTIVITY BOOK PACK.  RICHMOND
978-84-668-0278-9
978-84-668-0858-3
INGLÉS







6º PRIMA
LENGUA
6 PRI LENG.CASTELLANA SABER HACER. Santillana 2015
978-84-680-3171-2
CASTEL

LINGUA
6 PRI LINGUA GALEGA. SABER FACER. Obradoiro Santillana. 2015
978-84-9972-497-3
GALEG

MATEMÁTICAS
6 PRI MATEMÁTICAS. SABER HACER Santillana. 2015
978-84-680-3033-3
CASTEL

CIEN. SOCIAIS
6 PRI CIENCIAS SOCIAIS. SABER FACER Obradoiro Santillana. 2015
978-84-9972-440-9
GALEG

CIEN.NATURAI
6 PRI CIENCIAS NATURAIS. SABER FACER Obradoiro Santillana. 2015
978-84-9972-587-1
GALEG

RELIGIÓN
6 PRI RELIGIÓN. Serie Manantial. Santillana 2015
978-84-680-2493-6
CASTEL

INGLÉS
WONDER 6 Student´s pack. Susan H. Kateherine Scott. 2014
WONDER 1 Activity pack 2014
978-84-668-1799-8
978-84-668-2018-9
INGLÉS