domingo, 6 de diciembre de 2015

Un Nadal compartido e solidario




Estas datas son sempre un momento óptimo para compartir. Por iso, no noso colexio, organizamos un Mercado Solidario durante o Nadal. É unha ocasión magnífica para crear detalles que se poidan converter en axuda para que a ANPA xestione recursos para quen menos acceso a eles ten.







Para este curso, a decoración de Nadal foi elaborada coa colaboración dos nenos e será posta á venta, igual que outros detalles que os nenos de 1º, 2º e 4º elaboraron. Ten unha dimensión educativa a maiores pois, esta actividade de creación, no caso dos nenos de 2º e 4º vai ser compartida con outros dous centros: o INS La Sénia, en Tarragona e a EBI 1,2,3 Francisco Ornelas de Câmara en Ilha Terceira. O obxectivo desta actividade é a da interacción entre o alumnado e a difusión do Programa eTwinning.

Para o desenvolvemento desta interacción, cada centro organiza obradoiros de plástica nos que se levan a cabo os detalles navideños. Antes, os alumnos preséntanse nunha ferramenta colaborativa (Padlet) e por último avalían a súa participación na actividade. Todo isto estará recollido no TwinSpace da Embaixada eTwinning en Galicia e no seu blogue. 

VÍDEO COAS INSTRUCIÓNS PARA A ELABORACIÓN DAS CANDEAS DE NADAL





VÍDEO COAS INSTRUCIÓNS PARA A ELABORACIÓN DAS BOLAS DE NEVE





VÍDEO COS MELLORES MOMENTOS:


Estes son os vídeos enviados polos nosos compañeiros cataláns e portugueses:





Desde o Instituto La Sénia, chegounos unha invitación para realizar un dos presentes navideños elaborados por outro centro. Así, eles fixeron  as candeas propostas por nós. Os alumnos de Portugal animáronse cunha das opcións de reciclaxe de cápsulas de café e nós fixemos portatarxetas reciclando as mesmas cápsulas, e serán artigos dos que poderedes adquirir no noso mercado solidario.









Para finalizar esta actividade colaborativa cos nosos compañeiros de Tarragona e Ilha Terceira, fixemos un intercambio de postais de nadal e unha pequena mostra de artigos navideños dos elaborados.




Ver todas as imaxes das sesións 

Ver o inicio das actividades de Nadal, no EntreLetras

Ver esta nova publicada no blogue da Embaixada eTwinning

2 comentarios:

  1. Vuestro trabajo es muy bonito. (Eduardo, La Sénia)

    ResponderEliminar
  2. Vuestro trabajo es muy bonito (Educardo, La Sénia)
    Felicidades (Alin, La Sénia)
    Muy bien hecho (Chiare, La Sénia)

    ResponderEliminar