mércores, 20 de decembro de 2017

Os bolechas

Saída á presentación da guía dos Bolechas "Reserva da biosfera os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá"


luns, 18 de decembro de 2017

Celebramos o Nadal 2017

Este xoves 21 de Decembro celebraremos o festival de Nadal as 12:00 horas. ESTADES TODOS CONVIDADOS!!!


Mural exposto na entrada do centro

martes, 5 de decembro de 2017

A CONSTITUCIÓN

O 6 de Decembro celebramos o Día da Contitución Española



Explicación en flash sobre a Contitución española(usar Mozilla)

Xogo Vedoque 


Día Internacional dos Dereitos Humanos

10 de decembro de 2018

Día Internacional dos Dereitos  Humanos




O Día Internacional dos Dereitos Humanos celébrase  mundialmente o 10 de Decembro.


O Día conmemora o aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos pola Asemblea Xeral en 1948. Co tempo, desenvolveuse un conxunto de instrumentos e mecanismos desenvolvidos para garantir a primacía dos dereitos e dereitos humanos para abordar as violacións de dereitos humanos onde queira que ocorran.

Actividades (usar Mozilla):
Pincha nos enlaces



luns, 4 de decembro de 2017

Día Internacional das persoas con Discapacidade


O EDLG loita polo día Internacional das persoas con Discapacidade!
POR TOD@S







Día 3 de Decembro

Día Internacional das persoas con Discapacidade

A discapacidade é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou un grupo. O termo úsase para definir un deterioro físico ou mental, como discapacidade sensorial, cognitiva ou intelectual, enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.

As persoas con discapacidade, a "minoría máis grande do mundo", tenden a ter menos oportunidades económicas, un peor acceso á educación e altas taxas de pobreza. Isto débese principalmente á falta de servizos que poden facilitar a súa vida (como o acceso á información ou o transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estes obstáculos cotiáns engádense discriminacións sociais e a falta de lexislación adecuada para protexer as discapacitadas.

As persoas con discapacidade son máis frecuentemente vítimas da violencia:
     - Os nenos con discapacidade son catro veces máis propensos a ser vítimas de actos violentos, a mesma proporción que os adultos con problemas mentais.

A ignorancia é en gran parte responsable da estigmatización e discriminación sufridas por persoas con discapacidade.




Becerreá contra a Violencia de Xénero

O venres 24 de Novembro o Ceip San Xoán de Becerreá participou nos diferentes actos que o Concello preparou para o Día Contra A Violencia de Xénero.


A violencia de xénero enténdese como calquera acto ou agresión violenta, baseada nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que ten ou pode ter como consecuencia danos físicos, sexuais ou psicolóxicos, incluíndo as ameazas de tales actos ea coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na esfera pública como na vida familiar ou persoal.

Para iso participouse facendo unhas pancartas con lemas en contra a violencia. Ademáis o alumnado de 6º de Primaria compuxo un rap para a ocasión.





Tamén expoñemos o vídeo que realizou o centro ceip Aquilino Iglesias Alvariño de Abadín coa axuda de diferentes centros da provincia, entre eles o noso.

xoves, 16 de novembro de 2017

DÍA DOS DEREITOS DOS NEN@S

   
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA








 A celebración do Día do neno e a nena remóntase o ano 1924, cando a Liga das Nacións, precursora das Nacións Unidas, aproba a Declaración de Xenebra sobre os Dereitos do Neno.

 A declaración establece o dereito dos nenos e nenas a dispor de medios para o seu desenvolvemento material, moral e espriritual; asistencia especial cando estean famentos, enfermos, discapacitados ou quedaran orfos; ser os primeiros en recibir socorro cando se atopan en dificultades; liberdade contra a explotación económica; e unha crianza que lles inculque un sentimento de responsabilidade social.


Posteriormente, en 1948, as Nacións Unidas, aprobaron unha segunda Declaración dos Dereitos do Neno. No seu artigo 25 di que a infancia ten “dereito a coidados e asistencia especiais”


Foi en 1959 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas autorizou unha terceira Declaración destes Dereitos, máis detallada cas anteriores. Recoñece dereitos como a liberdade contra a discriminación e o dereito a un nome e a unha nacionalidade. Tamén consagra específicamente os dereitos dos nenos á educación, a atención da saúde e a unha protección especial. Suxeriu a todos os gobernos que celebraran o día do neno.


PARA TRABALLAR NA AULA:

http://www.genmagic.net/derechos/indexfla.swf




mércores, 8 de novembro de 2017

Magosto 2017

Todo o centro celebramos o magosto comendo castañas e realizando diferentes xogos.

QUE BEEN O PASAMOSSSSS!!!





xoves, 2 de novembro de 2017

Samaín 2017


A antiga festividade céltica do samaín foi habitualmente descrita como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, especialmente nas datas do 31 de outubro ó 1 de novembro, terían autorización para camiñar entre os vivos. 

Abríanse as portas entre este mundo e alén, dándolle á xente a posibilidade de reunirse cos seus antepasados mortos.


luns, 30 de outubro de 2017

Visitando o Courel

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria realizamos una ruta polo Courel e visitamos a casa de Uxío Novoneyra.









luns, 23 de outubro de 2017

CHEGA O OUTONO!!

O alumnado do Centro participou activamente na elaboración do mural do corredor central.

ESPEREMOS QUE VOS GUSTE!!

luns, 2 de outubro de 2017

Escola de baloncesto

Hoxe tivemos a visita do Clube Baloncesto Becerreá ao centro escolar. O alumnado participou nas diferentes actividades que os monitores propuxeron.
COMO NOS GUSTOU!!!!




mércores, 21 de xuño de 2017

venres, 16 de xuño de 2017

EXCURSIÓN 5º E 6º


O martes 14 os alumnos de 5º e 6º de Primaria asistimos a un concerto didáctico: "Fantasía". Un concerto moi especial con música e números de maxia.






Aproveitamos para visitar unha exposición moi especial: "Olladas da infancia, carballeira aloumiñada", onde vimos un traballo sobre a fotografia que fixo un colexio de Primaria, coma nos; un traballo de todo o curso similar ao noso sobre o cine.

EXCURSIÓNS


Este ano os alumnos de 1º e 2º de Primaria fixeron varias saídas:
- Escola de Alta Montaña, Becerreá
- Museo do Ferrocarril, Monforte.

Con estas actividades seguimos reforzando a importancia da convivencia, o respeto, o comportamento, etc, sin olvidar o aspecto lúdico. Foron unhas xornadas para aprender e xogar dunha maneira diferente.


luns, 12 de xuño de 2017

OS MAIOS.


O pasado 30 de maio celebramos no colexio Os Maios, actividade na que participaron Infantil, 1º e 2º de Primaria.

Os alumnos de 6º E.P., ainda que non participaron, baixaron para observar como se celebra esta festa, que na sua orixe, buscaba a obtención de boas cosechas ao coincidir coa chegada da primavera. 

martes, 23 de maio de 2017

COMEDOR


O alumnado do CEIP San Xoán colabora de distintas formas ...
En esta ocasión fixeron unha tarta de galletas para o disfrute de todos no comedor.




Orde do 21 de febreiro de 2007 pola que se regula a organización, funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar nos centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Segundo o artigo 8º da citada lei, punto f) En razón do carácter educativo do servizo de comedor escolar fomentarase a colaboración do alumnado a partir de 5º de primaria, sen que iso supoña a ausencia física ou substitución do persoal habitual encargado da atención do devandito servizo.

PREMIOS MURALLA DE LUGO


O CEIP San Xoán enorgullécese dos alumnos que participaron este ano na XVII Edición dos Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís, para conmemorar o aniversario da concesión do título de Patrimonio da Humanidade ao noso emblemático monumento.


CHARLA DIVULGATIVA


O luns 15 de maio impartiuse unha charla sobre a Reserva da Biosfera e a problemática das especies exóticas invasoras. Acabamos co xogo: "No seu lugar" no que se ven casos concretos sobre a importancia das especies e o seu impacto nun ecosistema novo. Os alumnos aistentes a esta charla foron os cursos de 4º, 5º e 6º.


O ACORDAR


O pasado xoves 11 de maio os nosos alumnos de 6º , xunto con máis alumnado que xa non cursa no CEIP San Xoán, participaron nunha presentación moi especial, a proxección do filme O Acordar, na Facultade de Formación do Profesorado, en Lugo. Esta actividade é o resultado dun longo proceso iniciado o pasado curso e no que se implicaron de forma activa os nosos discentes.



xoves, 27 de abril de 2017

EFECTOS NEGATIVOS .


Dende o colexio estamos ao día das novas que nos chegan para o uso correcto das novas tecnoloxías que tan de moda están hoxe en día. O Doutor en Neurociencias Cognitivas Michel Desmurguer imparte conferencias nas que advirte dos problemas derivados do uso das pantallas nas persoas en xeral e nos nenos en particular.



DÍA DO LIBRO


Esta semana no colexio estamos a celebrar o Día do Libro, por iso montamos unha pequena biblioteca na entrada principal... Así é máis divertida a espera para subir ás clases... Non paramos de ler!


Infantil emprega o kamishibai para contar os contos de maneira lúdica.

venres, 31 de marzo de 2017

SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE.

A semana pasada o alumnado de Infantil e Primaria traballamos temas relacionados ca auga e as árbores. Fixemos un mural entre todos para aprender máis sobre estos temas.


Os alumnos de 6º plantamos un ameneiro en Becerreá que poderemos ver medrar.



xoves, 23 de marzo de 2017

PLAN DE CONVIVENCIA.



O pasado martes 14 de marzo, segundo o "Plan Director para a  Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos", personal da Guardia Civil deu unha conferencia aos cursos de 5º e 6º sobre os perigos de Internet, acoso de todo tipo, etc. Dende o claustro queremos agradecer a asistencia dos pais. Moitas grazas.

mércores, 22 de marzo de 2017

ALERTA AMARELA


Asunto:Alerta AMARELA E LARANXA por nevadas os días 22 e 23 de marzo en Galicia
Data:Martes, 21 Marzo 2017 (17:51:48 CET)
De:nonresponder@edu.xunta.es
A:ceip.sanxoan@edu.xunta.es
 Parte de Texto (2 KB)  
Estimado/a director/a,
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS para os días 22 e 23 de marzo de 2017, que afectarán a tódalas provincias de Galicia.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1.       A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.
2.       A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta AMARELA, a partir das 00:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 15 cm de espesor, que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e da Montaña de Ourense.
   3. A SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolares situados nas zonas de predición meteorolóxica indicadas anteriormente (puntos 1 e 2), con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (amarelo/laranxa) e pasase a unha declaración de nivel superior (laranxa/vermello), as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)
Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Xunta de Galicia

mércores, 15 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.


O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. Cada clase escolleu unha muller galega que destacara nalgún campo e fixo un traballo para expoñer na entrada do colexio. Así podemos aprender algo máis da nosa historia.


EXCURSIÓN.


O martes 7 de marzo os cursos de 5º e 6º visitamos o Mosteiro de Samos e o colexio de Triacastela donde disfrutamos de unha xornada de convivencia con máis colexios da zona. Ademais vimos unha exposición de artesáns de Sarria... Unha xornada distinta, outra maneira de aprender...



O alumnado de 5º fixo un mural sobre o Mosteiro de Samos que está exposto no colexio.


xoves, 9 de marzo de 2017

ENTROIDO.




O pasado venres 24 de febreiro celebramos o Entroido no colexio con un desfile das distintas clases e rematando a festa con a degustación de doces típicos acompañados de chocolate. O tema xeral de este ano era a "meteoroloxía" xa que o noso colexio traballa este ano en Meteoescola. Os nenos, e os non tan nenos, pasámolo pipa nesta festa.




venres, 10 de febreiro de 2017

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS


O pasado luns día 6 os grupos de 3º, 4º, 5º e 6º participaron nun curso de primeiros auxilios impartido por profesionais que se desprazaron ao noso centro. A actividade foi do agrado de todos que participaron e aprenderon un montón de cousas sobre como actuar ante un accidente.


O alumnado centrado nas explicacións.


Un momento da explicación.

martes, 7 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ MUNDIAL.


O pasado luns 30 de xaneiro xuntámonos todos para recordar un día especial que sempre temos que ter presente nas nosas vidas, de forma continua, sin esquecernos nunca: O DÍA DA PAZ MUNDIAL.
Dende o colexio insistimos cada día na Paz, non violencia, amizade, compañerismo... E cada un aportou algo...



luns, 23 de xaneiro de 2017




Desde o CEIP San Xoán de Becerreá damos comezo a unha nova andaina.
Empezamos a traballar no Proxecto Meteoescolas , que no noso centro lle chamaremos METEOSANXOÁN.
O  noso preoxecto consistirá en dar a coñecer ao noso alumnado o que é unha estación meteorolóxica , así coma os distintos aparellos que a conforman. Ademáis doutras actividades . recollida de datos, facer predicións, observación do cambio climático na nosa zona...
Comezamos!

xoves, 12 de xaneiro de 2017

PREMIOS NO NADAL PARA O CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ.


XXV CERTAME LITERARIO "A PIPA" 2016 DA ALTA MONTAÑA LUGUESA.


RELATO CURTO en categoría infantil de 8 a 14 anos.
Primeiro premio para Martín Rodríguez Díaz, alumno de 6º curso de Primaria, que consiste nunha estatuiña de cerámica de Sargadelos con placa inscrita, un lote de libros e a correspondiente acta ou título acreditativo. O premio foi recollido o 28 de decembro de 2016 ás 19:00h na Casa de Cultura de Becerreá.
Noraboa Martín.


VIII CONCURSO DE TARXETAS DE NADAL
LA VOZ DE LA VERDAD.


Este ano a nosa alumna Cristina Fernández García de 2º curso de Primaria foi galardoada co 2º premio de primeiro a terceiro curso de Primaria, premio que recollerá o día 19 de xaneiro ás 19:30 h da tarde en "La Voz de la Verdad". O premio consta de 50 euros en libros ou material escolar. 
Noraboa Cristina.

luns, 9 de xaneiro de 2017

                                                    O   NADAL 


        O pasado mércores 21 de decembro de 2016 , ás 12:00h, celebramos no colexio o festival de Nadal e a xornada de convivencia coas familias. O alumnado participou con distintas cancións e obras de teatro que prepararon con moita ilusión con cada titor.
Ademáis decoramos o colexio con axuda dos nenos...