venres, 31 de marzo de 2017

SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE.

A semana pasada o alumnado de Infantil e Primaria traballamos temas relacionados ca auga e as árbores. Fixemos un mural entre todos para aprender máis sobre estos temas.


Os alumnos de 6º plantamos un ameneiro en Becerreá que poderemos ver medrar.



xoves, 23 de marzo de 2017

PLAN DE CONVIVENCIA.



O pasado martes 14 de marzo, segundo o "Plan Director para a  Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus Entornos", personal da Guardia Civil deu unha conferencia aos cursos de 5º e 6º sobre os perigos de Internet, acoso de todo tipo, etc. Dende o claustro queremos agradecer a asistencia dos pais. Moitas grazas.

mércores, 22 de marzo de 2017

ALERTA AMARELA


Asunto:Alerta AMARELA E LARANXA por nevadas os días 22 e 23 de marzo en Galicia
Data:Martes, 21 Marzo 2017 (17:51:48 CET)
De:nonresponder@edu.xunta.es
A:ceip.sanxoan@edu.xunta.es
 Parte de Texto (2 KB)  
Estimado/a director/a,
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS para os días 22 e 23 de marzo de 2017, que afectarán a tódalas provincias de Galicia.
Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:
1.       A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.
2.       A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta AMARELA, a partir das 00:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 15 cm de espesor, que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo e da Montaña de Ourense.
   3. A SUSPENSIÓN das ACTIVIDADES NO EXTERIOR das instalacións dos centros escolares situados nas zonas de predición meteorolóxica indicadas anteriormente (puntos 1 e 2), con seguimento das condicións climáticas.
Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado (amarelo/laranxa) e pasase a unha declaración de nivel superior (laranxa/vermello), as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.
A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)
Moitas grazas pola súa colaboración e un saúdo.
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Xunta de Galicia

mércores, 15 de marzo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA.


O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. Cada clase escolleu unha muller galega que destacara nalgún campo e fixo un traballo para expoñer na entrada do colexio. Así podemos aprender algo máis da nosa historia.


EXCURSIÓN.


O martes 7 de marzo os cursos de 5º e 6º visitamos o Mosteiro de Samos e o colexio de Triacastela donde disfrutamos de unha xornada de convivencia con máis colexios da zona. Ademais vimos unha exposición de artesáns de Sarria... Unha xornada distinta, outra maneira de aprender...



O alumnado de 5º fixo un mural sobre o Mosteiro de Samos que está exposto no colexio.


xoves, 9 de marzo de 2017

ENTROIDO.




O pasado venres 24 de febreiro celebramos o Entroido no colexio con un desfile das distintas clases e rematando a festa con a degustación de doces típicos acompañados de chocolate. O tema xeral de este ano era a "meteoroloxía" xa que o noso colexio traballa este ano en Meteoescola. Os nenos, e os non tan nenos, pasámolo pipa nesta festa.