xoves, 27 de abril de 2017

EFECTOS NEGATIVOS .


Dende o colexio estamos ao día das novas que nos chegan para o uso correcto das novas tecnoloxías que tan de moda están hoxe en día. O Doutor en Neurociencias Cognitivas Michel Desmurguer imparte conferencias nas que advirte dos problemas derivados do uso das pantallas nas persoas en xeral e nos nenos en particular.



DÍA DO LIBRO


Esta semana no colexio estamos a celebrar o Día do Libro, por iso montamos unha pequena biblioteca na entrada principal... Así é máis divertida a espera para subir ás clases... Non paramos de ler!


Infantil emprega o kamishibai para contar os contos de maneira lúdica.