METEOSANXOÁN

QUE É A FOLGA POLO CLIMA?
Este venres 27 de setembro do 2019 celébrase a Folga Mundial do Clima. Trátase dunha protesta a nivel global na que se prevé que participen millóns de persoas de todo o mundo. De feito, están a facelo desde o pasado venres xa que desde ese día celébranse ao longo de todo o planeta actividades. A protestas coinciden coa celebración en Nova York (EEUU) do Cume Climático convocado pola ONU para impulsar a ambición nas negociacións da próxima Conferencia do Clima que se celebrará a final de ano en Chile.
"Las estrellas dicen que nosotros somos los fugaces"
CANCIÓN: Macaco-Blue (diminuto planeta azul) ft. Jorge Drexler, Joan Manuel Serrat



Luns 23 de Setembro, damos a benvida o Outono no Hemisferio Norte
O outono comeza hoxe ás 9:50 (hora oficial peninsular), informou o Observatorio Astronómico Nacional ( OAN). O inicio da estación márcao o equinoccio de outono, do latín aequinoctium que significa “noite igual”, fenómeno astronómico no que a noite e o día equipásense en duración. A partir desa data as horas de escuridade superarán ás de luz. A estación terminará co comezo do inverno o 22 de decembro e durará 89 días e 20 horas. Os equinoccios ocorren dúas veces ao ano, un a finais de setembro e outro en marzo. Prodúcense porque o S ol sitúase sobre o ecuador da Terra. Desta forma, os raios inciden co mesmo ángulo no hemisferio norte e no sur facendo que noite e día duren o mesmo.


INICIO CURSO 2019-2020
⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪
Os alumnado de 4º traballa o Ciclo da Auga.
Ben feito, rapaces!!!








A borrasca Miguel, unha "atípica" borrasca explosiva en pleno xuño no norte peninsular
Este xoves 6 de Xuño teremos un temporal ocasionado por unha borrasca explosiva que pasará preto de . É unha situación moi inusual nesta época do ano provocada polo descendo dunha masa de aire frío dende zonas polares.

Este tipo de ciclones son más peligrosos que los que suelen afectar durante el invierno. "O principal risco vén da man dun fenómeno denominado chorro en aguillón que é unha corrente de ventos moi moi intensa que acostuma acompañar este tipo de ciclóns extratropicais"


Antonio Fraguas Fraguas
Letras Galegas 2019 
O clima en Galicia
 Antonio Fraguas escribiu sobre o clima de Galicia:
Galicia é un país de clima marítimo, de choivas abundantes durante as catro estacións, máis abundantes nos fins de outono e no inverno con moitas zonas de microclima de acordo co relevo e a distancia á que se atopa do mar que fai variar a cantidade de chuvia e máis a humidade. 

Podes traballar sobre o clima de Galicia picando AQUÍ.(seminario galán)

O DÍA DA TERRA
22 DE ABRIL

Non temos outro sitio onde vivir, así que é necesario coidala tod@s.
Cada acción, por pequena que pareza está axudando, non penses que o que fas non sirve.

Pequenas accións para facer :
  • XENERA MENOS DIÓXIDO DE CARBONO: usa o transporte público, camiña ou comparte coche.
  • AFORRA ENERXÍA ELÉCTRICA: apaga as luces cando non as utilices, desconecta aparatos electrónicos, cambia para lámpadas de baixo consumo, aproveita a luz solar.
  • REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR: evita envoltorios innecesarios, separa o lixo, usa pilas recargables.
  • MENOS PLÁSTICO: usa bolsas de tela
  • AFORRA AUGA: pecha a billa cando laves os dentes, dúchate non te bañes, usa a lavadora chea.


ESTES RAPACES SON UNS ARTISTAS!

O alumnado de 6º comparte con nós as súas obras, debuxando sobre o tempo.



O TEMPO EN FOTOS

Os nosos alumnos de 6º recopilan fotos do outono e do inverno. Agardamos que vos agraden!









NON NOS GUSTA NADIÑA O QUE VEMOS!

O alumnado de 3º fixo unhas fotos pola contorna inmortalizando todo o lixo que tiramos.

QUEREMOS OS NOSOS MONTES LIMPOS!


Ver máis




ACHEGAMENTO Á APICULTURA

OS NENOS COÑECEN UN POUCO MÁIS ESTA ACTIVIDADE TAN VINCULADA COA NOSA COMARCA

Un dos obxectivos do noso proxecto Meteoescolas é coñecer a influencia do clima sobre a fauna da nosa comarca, por iso consideramos tan importante coñecer as especies e pór o noso pequeno gran de area para protexelas. 



Os nenos e nenas de infantil tódolos días comentan  nas  clases que tempo vai e as consecuencias dos fenómenos atmosféricos: sol, neve, choiva...







Coa chegada da primavera tamén aparece o Cuco. Xa o escoitamos nalgunhas zonas da montaña.

Traballo do alumnado de 2º de primaria

A primavera no hemisferio boreal comezará hoxe mércores 20 ás 22.58 horas. 

Estamos na época do ano na que o Sol está practicamente o mesmo tempo por riba que por baixo do horizonte, saíndo exactamente polo leste e poñéndose xusto no oeste. 
A nova estación prolongarase ata as 17.54 do 21 de xuño, o que a converte na segunda estación pola súa duración (92,75 dias) logo do verán (93,66 dias).


OS ALUMNOS DE 3º TRABALLAN SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO





NOVO PANEL PARA METEOESCOLAS

Agardamos que sexa do voso agrado!!!







OS NOSOS ALUMNOS RECOLLEN TODOS OS DÍAS OS DATOS.



OS ALUMNOS DE INFANTIL PRESUMEN DE MURAL NO SEU CORREDOR


Paisaxes deste inverno no concello de Becerreá



2019

Os obxectivos para este ano 2019 do noso proxecto son:

 - Seguir analizando o clima de Becerreá.

 - Comprender a influencia do clima no xeito de vida das persoas: na súa vestimenta,, alimentación, vexetación e forma de vida. 

- Coñecer que é una estación meteorolóxica,os seus elementos e para que serven.

 - Coñecer a evolución do clima a partir dos datos das estacións meteorolóxicas. 

- Estudiar os factores que inflúen nos climas. 

- O camio climático  en Galicia e a súa relación coa flora e fauna. 

- Promover hábitos de aforro e eficiencia enerxética ante o cambio climático. 

- Valorar a importancia do clima e as consecuencias do aumento da temperatura para o cambio climático.

 - Promover o gusto pola investigación medioambiental comparando e compartindo datos con outras localidades. 

- Identificar os efectos do ser humano sobre o clima. 


¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬¬


OS NOSOS CLIMOGRAMAS.

OS ALUMN@S DE 5º FAN OS CLIMOGRAMAS, USANDO OS DATOS RECOLLIDOS NA NOSA ESTACIÓN METEREOLÓXICA.BO TRABALLO!!!







" O TEMPO EN FOTOS"

OS ALUMN@S DE 5º RECOLLEN NUN MURAL AS FOTOS MÁIS FERMOSAS APORTADAS POLOS ALUMN@S DO CENTRO.




 "OS NOSOS METEOCOLLAGES"

POL@S ALUMN@S DE 4º. VAIA CHULADA!!





OS ALUMN@S DE 5º RECOLLEN NUN CADERNO OS REFRÁNS E PREDICIÓNS NATURAIS. 
AGÁRDANVOS NA BIBLIOTECA!

SABÍAS QUE...

Os alumnos de 5º de Primaria aproveitan calquera oportunidade para colaborar na páxina de METEOESCOLAS.😀😁

Nesta ocasión, e coma contido transversal, estudiaron os animais e recabaron datos de agricultores e gandeiros sobre os distintos comportamentos dos mesmos con respecto as variacións climatolóxicas.





Os pequenos de 5º de Infantil nos mostran que son os mellores sinalando o tempo metereolóxico durante o mes de Marzo. Xa fixeron o seu primeiro climograma.

BRAVO POR ELES/AS!!


CONTOS DOS AVÓS

Pingasfontespozasríos e muíños... os nosos alumnos/as de 2º traen á escola os mellores contos da auga da memoria dos seus avós e das súas avoas

Cantas historias que contar!



O ARCO DA VELLA.

Os alumnos de 4º de infantil colaboran cos alumnos de 5º de primaria  e inícianse nos seus primeiros contactos académicos relativos á meteoroloxía.





23 de marzo " DÍA MUNDIAL DA METEOROLOXÍA"

Os alumnos de 5º de primaria deseñan un mural en tres dimensións sobre o ciclo da auga .




As poesías sobre o tempo.

Todo o alumnado púxose mans á obra e imaxinación ao poder para crear os poemas do tempo máis fermosos do mundo!

ler moitas rimas poesías!










REFRÁNS
Os alumn@s de 1º e 3º fan unha recopilación de refráns da nosa contorna.

                                               

Os alumn@s de 4º de Primaria son os encargados de prantar un carballo este curso.


SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE
Todos os alumn@s do centro colaboran na realización do mural do comezo da primavera coa celebración da Semana da Auga e da Árbore




Nesta semana da prensa, o alumnado de 5º de Primaria fai unha recopilación de todas as novas sobre o tempo.

Canta neve, frío e chuvia!! 





Seguimos co noso proxecto de METEOSANXOÁN!!

Os noso mural de anotacións do tempo volve a encherse!




E ademáis... 
En 1º de Primaria os refráns do tempo tamén se aplican ás comidas. Moi ben polo seu mural!!



En 5º de Primara os alumnos e alumnas aproveitan as clases de plástica para facer a súa estación metereolóxica con materiais de reciclaxe.



Ademáis, coñecen as múltiples causas do cambio climático e as posibles medidas para poder reducilo!





Os nosos pequenos de 4º de Infantil comezan a observar os axentes metereolóxicos e xa saben sinalar o tempo que vai cada día.



En 5º de Infantil fan un mural con alusións ás últimas nevadas do inverno na nosa contorna. 
O boneco de neve non pode faltar!!





Os nosos maiores de 6º de Infantil elaboran o seu calendario co tempo que vai cada día
Ao rematar o mes fan unha contabilización cos días de choiva, sol, neve, néboa... 



Febreiro. 2018
Febreiro despedíuse con neve en Becerreá.



                  XANEIRO DE 2018  


Seguimos a traballar no Proxecto Meteoescolas neste 2018, que no noso centro  se chama  METEOSANXOÁN.

O  noso proxecto consistirá en descubrir o clima de Becerreá, comprender a influencia que ten no xeito de vida das persoas. 

Saber que é una estación meteorolóxica e ver a evolución do clima a partir dos datos das estacións meteorolóxicas.
O clima en Galicia e a súa relación coa vexetación.
A diferenza entre tempo e clima e os elementos determinantes no clima dunha zona. 

 Promover hábitos de aforro e eficiencia enerxética ante o cambio climático. 

 Analizar as consecuencias do aumento da temperatura para o cambio climático.
 Promover o gusto pola investigación medioambiental comparando e compartindo datos con outras localidades. 

 Identificar os efectos do ser humano sobre o clima.




                                  



AMENCER

Un amencer de finais de xaneiro, os alumnos de 6º sacan fotos ás primeiras raiolas do sol saíndo por detrás dos  Ancares mentres que o río Navia discurre agochado pola néboa.


                  



MESES E REFRÁNS (alumnado de primaria)
Febreiro: 

"Febreiro, xeada na leira e cachopo na lareira"

" Neve en febreiro e un lobo no quinteiro"

Xaneiro: 

"Poucas chuvias en xaneiro, enchen o canleiro"

"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar"

"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"

Decembro:

"En decembro o sol quenta con tardura e pouco dura"

"Nin en agosto camiñar, nin en decembro navegar"

Novembro:

"O que cava en Novembro, o tempo perde"

" En novembro as noites van crecendo"

Outubro:

"Outubro quente, inverno detente, outubro afriar, inverno a escoar"

"A lúa de Outubro a sete cubre, e se chove, a nove"

Setembro:

"Setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes"

"En setembro colle o viño e non durmas no camiño"








Decembro 2017

Expoñemos unhas imaxes da nosa contorna


O cambio Climático que parece algo alleo a nós comeza a facerse presente en cambios de comportamento nas diferentes especies animais e vexetais do noso entorno.



18/12/2017
Avespa Velutina

Esta mañá vimos no alto dunha árbore un niño de Avespas velutinas.


MOITO OLLO CON ELAS! Son moi perigosas.
Calquera persoa que detecte un niño destas avespas pode comunicalo aos teléfonos 012 ou 112 onde o persoal realizará as actuacións precisas co fin de retirar ou neutralizar o niño.
Para que vexas as diferencias....




14 de Xuño de 2017

Grazas a todos polo voso interese e ganas de participar.

E para rematar o libro do tempo, onde recopilamos moitas das actividades realizadas ao longo do curso     ( que é unha estación meteorolóxica, que instrumentos de medida a compoñen,  climogramas, fotos do tempo, curiosidades do tempo, refráns, ...)

          

Os alumn@s de 1º de Ed. Primaria fixeron unhas andavias moi "divertidas".

Ei vén o vento do mare
ei vén o vento mareiro
Ei vén o meu queridiño
vestido de mariñeiro

De novo o Equipo da Biblioteca do noso colexio volve a colaborar con nós, e incluiu no seu diario "Bibliolíos" toda unha páxina adicada ao TEMPO.



Ollade: Caracol, caracol saca os cornos ao SOL



Maio 2017

Este curso o CEIP. San Xoán de Becerreá, coa axuda do profesor de Inglés, participou no concurso que organizou a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio co motivo do Día Meteorolóxico Mundial  " Entendendo As Nubes", estas son algunhas das fotografías enviadas:

Ollade para as nubes


Nubes Negras
Vixía o solpor

30 de maio de 2017

Dende o CEIP. San Xoán de Becerreá queremos valorar a importancia do tempo para o cultivo dos nosos campos e da nosa horta, recollendo e expoñendo fotos adicadas ao proceso de preparación e cultivo da nosa Terra, nesta recollida de fotos participamos tanto o noso alumnado como o profesorado.

OLLAMOS AO CEO CANDO SEMENTAMOS AS NOSAS COLLEITAS.




19 de maio de 2017

Tamén lle "cantamos" ao TEMPO.



En PRIMAVERA a Marisol...







O alumn@s de 6º de Ed. Infantil "ollando para o ceo" anotaron en táboas a cantidade de días que estivo nubrado, que ía sol, os días que choveu...Sabíais que tivemos máis días calorosos que chuviosos!!!!!



Como estamos na PRIMAVERA seguimos a facer moitas flores, bolboretas:


6º ED.PRIMARIA


3º ED. PRIMARIA


1º ED. PRIMARIA


Os alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria estamos facendo CLIMOGRAMAS.
Sabíais que... en abril só rexistramos 26 l/m de chuvia e tivemos unha temperatura máxima
de 30,2 ºC.



5 de maio de 2017

A causa das variacións climáticas que sofre a TERRA, o ano está dividido en catro períodos ou estacións; o longo do curso os nosos alumn@s de Ed. Infantil e Ed. Primaria interesáronse por estes cambios:








28 de abril de 2017

Ó longo deste trimestre estamos a recoller novas relacionadas co tempo. Sabedes porque botamos sal nas rúas cando neva????



A primavera comeza a florecer no noso colexio:



Arcos da vella  (Ed.infantil)



Os alumnos de Ed. Infantil coa axuda das súas mestras, tódolos días "OLLAN PARA O CEO" para observar se...Chove, está nubrado, vai sol...


MIRADE OS SEUS CALENDARIOS!!!!!!!!





5 de abril de 2017
A auga 
un preciado
recurso...






Xa sabedes que durante o mes de marzo se celebra a semana da auga e da árbore, por iso os nosos alumnos de 5º e 6º de Ed. Primaria realizaron unha investigación da importancia e necesidade da auga, e tamén recolleron ditos populares sobre o tempo.



Os nosos alumn@s de 2º de Ed. Primaria co motivo da Celebración do Día Internacional da muller, fixeron un traballo sobre a deportista viguesa Chus Lago; o  seu traballo chegou o gabinete de prensa de dita deportista e propuxéronlles a estes alumn@s que buscaran un nome para o campamento da súa nova expedición,  que consiste en recorrer o Casquete Polar de Barnes na illa de Boffin ( Canadá ). Finalmente o nome elixido foi "CAMPAMENTO DE HIELO DE BECERREÁ". O obxectivo que persegue Chus Lago con esta expedición e concenciar sobre os perigos do cambio climático xa que o casquete polar que van percorrer está previsto que se derrita en poucos anos.
Por este motivo pareceunos moi interesante contarvos todo isto, xa que un dos nosos obxectivos do Plan Proxecta " METEOSANXOAN"e concienciar ós nosos alumnos desta loita.

¡ ÁNIMO CHUS LAGO !

3 de abril de 2017.
Os alumn@s de 2º de Ed. Primaria son uns expertos da "CHUVIA"



Os alum@s de 3º de Ed. Primaria estiveron a busca de refráns adicados o tempo.
 "EN ABRIL AUGAS MIL"



31 de marzo de 2017.

Comezamos a primavera con temperaturas moi baixas e con neve. A temperatura máis baixa deste mes foi o día 23 con 0.5 grados. OLLADE!!!!!!!!







A neve sorprendeu ás primeiras flores desta primavera.


Ós nosos alumn@s encantalles ir observar os datos meteorolóxicos.





Hoxe día 23 de Marzo está nevando en Becerreá: Como está o patio !!!!!!


Sabías que...?


O día 23 de Marzo é o Día Meteorolóxico Mundial, neste  día en 1950 constituiuse formalmente a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM).
Cada ano, os máis de 180 Estados Membros ca integran celebran este día; intentando sensibilizar á sociedade mundial da importancia da Meteoroloxía.


O equipo da biblioteca do noso colexio tamén colabora con nós no Proxecto de Meteoescolas:



22 de Marzo de 2017

Os alumn@s de 6ª de Ed. Primaria realizaron un experimento basado no ciclo da auga co profesor de Ciencias Naturais.




20 de marzo de 2017

Preguntádesvos como é  0 vento:


Vento: Aire en movemento



15 de Marzo de 2017
Un quebracabezas adicado ao tempo.

4º ED. PRIMARIA

Uns bonecos de neve:

4º  ED. PRIMARIA


10 de marzo de 2017
Os alumnos de 4º traballaron coas predicións naturais, mirade que interesante:


O día 7 de Marzo as vistas dende o noso colexio ofrecían un tempo soleado con neve sobre as montañas dos Ancares.




Os alumno/as de 1º fixeron uns calendarios meteorolóxicos moi orixinais.




Os alumn@s de E.Infantil traballaron moito neste trimestre ( bonecos de neve, arcos da vella...)










Así celebramos o entroido:











O entroido foi adicado a METEOROLOXÍA













20 de febreiro de 2017.

No noso recuncho fotográfico expoñeremos as fotos das distintas estacións do ano.




17 de febreiro de 2017.
Nas táboas de temperatura, anotamos a temperatura máxima alcanzada o día anterior, a temperatura mínima da noite e a temperatura actual no momento da observación;


Ademáis contamos cunha axenda de anotacións:




13 de febreiro de 2017.
Empezamos a traballar recollendo datos e subíndoos ao noso taboeiro.
No taboeiro "Meteosanxoan" expoñemos as táboas de temperatura, precipitacións, humidade...





10 de febreiro de 2017
Esta é a nosa caseta meteorolóxica. De momento, so contamos con un termómetro e un pluviómetro.



23 de xaneiro de 2017

Desde o CEIP San Xoán de Becerreá damos comezo a unha nova andaina.

Empezamos a traballar no Proxecto Meteoescolas , que no noso centro lle chamaremos METEOSANXOÁN.

O  noso proxecto consistirá en dar a coñecer ao noso alumnado o que é unha estación meteorolóxica , así coma os distintos aparellos que a conforman. Ademáis doutras actividades . recollida de datos, facer predicións, observación do cambio climático na nosa zona...

Comezamos!







OS ALUMN@S DE 5º RECOLLEN NUN CADERNO OS REFRÁNS E PREDICIÓNS NATURAIS. 
AGÁRDANVOS NA BIBLIOTECA!


Ningún comentario:

Publicar un comentario